venres, 12 Maio, 2023 - 00:00
          
        Próximamente dende a Xunta de Galicia convocarase unha liñaa de axudas para realizar obras de rehabilitación e mellora da eficiencia enerxética de vivendas e edificios residenciais
Galicia continúa axudando ás familias para mellorar a eficiencia enerxética nos seus fogares. Neste mes de maio destinaranse 43 millóns de euros a axudas para realizar obras de rehabilitación nas vivendas que permitan mellorar a eficiencia enerxética.
Son tres liñas de axuda distintas:
- Para actuacións a nivel de edificio como renovación de fachadas e cubertas ou substituír o sistema de calefacción.
 - Para pequenas obras nas vivendas, como o cambio de xanelas.
 - Para redactar documentos técnicos como o libro do edificio ou proxectos de rehabilitación.
 
Ademáis, destinaranse tamén 20 millóns de euros para mellorar a xestión de residuos municipais ata o ano 2026. A previsión é convocar catro liñas de axudas neste ámbito antes do verán.
Estes fondos poderanse destinar a:
- mellora do tratamento dos biorresiduos.
 - ao impulso da recollida separada de residuos domésticos.
 - á construción dos novos puntos limpos fixos.
 - á optimización ou implantación de plantas de reciclaxe de refugallos.