O pasado 11 de marzo publicábase a Orde Ministerial TMA 178/2022. O seu obxectivo é que municipios, deputacións, cabidos e consells insulares poidan presentar solicitudes para reducir, polo menos, un 30% o consumo de enerxía primaria non renovable dos seus edificios e potenciar a súa habitabilidade, mellorando aspectos como a accesibilidade (física, cognitiva e sensorial), o ciclo da auga e os residuos, e o seu mantemento.
Esta convocatoria é unha gran oportunidade para financiar a rehabilitación dos edificios públicos, unha das actuacións máis comúns incluídas nos PACES dos concellos galegos adheridos ao Pacto das Alcaldías polo Clima e a Enerxía en Galicia.
Este proxecto da Comisión Europea, coordinado en Galicia pola Consellería de medio ambiente, territorio e vivenda, persegue a implementación de plans de mitigación e adaptación ao cambio climático nos municipios galegos, que inclúan medidas, como a rehabilitación enerxética dos edificios de titularidade pública, que nos encamiñen a ser o primeiro continente climáticamente neutro en 2050.