O 12 de xuño celebrarase un seminario web sobre a convocatoria para dar un enfoque práctico e innovador cara a neutralidade climática
O programa "Twinning" é un programa de aprendizaxe de 20 meses para compartir coñecementos e transferir boas prácticas entre as próximas Cidades Xemelgas exitosas e as cidades que foron seleccionadas para unirse ao Programa de Cidades Piloto de NetZeroCities en marzo de 2023.
Basearase nun enfoque práctico de intercambio de coñecementos de Cidades Piloto a Cidades Xemelgas, ao mesmo tempo que hbailita un marco de aprendizaxe entre pares. Ao completar o ciclo de aprendizaxe, Twin Cities incorporará as aprendizaxes das actividades piloto en toda a súa cidade a través dun Plan de replicación. O Programa de Irmandamento guiará a Twin Cities con un enfoque práctico en replicar as metodoloxías de transofrmación sistémica e os enfoques innovadores demostrados polas actividades Piloto, no camiño cara a neutralidade climática.
O seminario web brindará información sobre a Convocatoria de Cidades Xemelgas (directrices, quen pode postularse, criterios de selección, marco de tempo, cidades piloto, formulario de solicitude, etc.) e tamén se responderá a preguntas sobre a mesma.