Nova Bauhaus Europea: A Comisión inicia a fase de deseño

luns, 18 Xaneiro, 2021 - 00:00

A Comisión Europea lanzou hoxe a iniciativa "New  European Bauhaus" para fomentar unha arquitectura e deseño máis sostible e con conciencia ambiental en Europa. 

A Comisión puxo hoxe en marcha a fase de deseño da iniciativa chamada «Nova Bauhaus Europea», anunciada pola presidenta Von der Leyen no seu discurso sobre o estado da Unión de 2020. A Nova Bauhaus Europea é un proxecto ambiental, económico e cultural cuxo obxectivo é combinar o deseño, a sustentabilidade, a accesibilidade, a asequibilidade e o investimento para contribuír ao cumprimento do Pacto Verde Europeo. Os seus valores esenciais son, por tanto, a sustentabilidade, a estética e a  inclusividade. A finalidade da súa fase de deseño é dar forma ao concepto explorando ideas, detectando as necesidades e os retos máis perentorios e conectando ás partes interesadas. Un dos elementos desta fase de deseño será a inauguración pola Comisión, esta próxima primavera, da primeira edición do premio Nova Bauhaus Europea.

+INFO en https://europa.eu/new-european-bauhaus/about-initiative_eshttps://ec.europa.eu/commission/presscorner/detail/es/ip_21_111 

@GaliciaSostible