O programa de emparellamento serve de axuda ás cidades para acadar a neutralidade climática uníndoas a outras similares a elas
Co lanzamento do programa "Twin Cities" trátase de buscar unha conexión entre as distintas cidades con desafíos, oportunidades e dominios de emisións compartidos a medida que realizan os cambios sistémicos necesarios para acadar a descarbonización e a descarbonización climática.
As cidades que poden participar teñen que estar localizadas en Estados membros da UE ou países asociados a Horizonte 2020. A categoría necesaria para a solicitude é de autoridade local ou administración municipal, calquera cidade pode aplicar, estando esta seleccionada como unha das 100+12 Cidades Misión ou non. Unha vez presentada solicitude, os socios NetZeroCities liderarán un proceso de emparellamento personalizado para maximizar beneficios compartidos.
A convocatoria estará aberta ata o 30 de xuño ás 23:59h.