A Comisión Europea xunta xa 301 sinaturas de distintas rexións e autoridades locais que se uniron á misión de Adaptación
A Carta que é asinada polas autoridades demostra a intención de cooperar, mobilizar recursos e desenvolver actividades para acadar os seus obxectivos de adaptación climática. Estas autoridades pertencen na súa maioría á Unión Europea, 284 destes están repartidos por 25 países membros da UE, ademais doutros 17 que non pertencen á UE, pero que teñen relación co programa de investigación e innovación, Horizonte Europa. Ademais destes 301 asinantes, hai 65 empresas do ámbito privado, centros de servizo, redes de investigación e grupos de acción local que se comprometeron a mellorar a resiliencia climática conseguindo así a condición de Amigos da Misión.
A plataforma entrará en funcionamento en abril, momento en que se intensificará a cooperación entre estes. Polo momento produciuse unha reunión, na que se conectaron e compartiron experiencias no evento de lanzamento o 26 de xaneiro de 2023 na cidade de Bruxelas.
A misión ten como obxectivo principal o apoio ás rexións e comunidades para acelerar a súa transformación cara á resiliencia climática para 2030. Ademais, propuxo a Lei de restauración da natureza para axudar a esta a recuperarse e apoiar ás comunidades na súa preparación para os impactos das crises duais de cambio climático e perda de biodiversidade. O financiamento da misión de Adaptación financia proxectos por un total de 370 millóns de euros.