Unha Árbore Por Europa é un manifesto que nace por iniciativa de Equipo Europa por mor dunha proposta de David Sassoli, Presidente do Parlamento Europeo. Nel todos os alcaldes partícipes asumen o compromiso de:
- Plantar unha árbore no seu municipio
- Visibilizar a importancia do desenvolvemento sostible no ámbito local
- Involucrar aos mozos nos procesos de toma de decisións en materia de sustentabilidade tola
Un compromiso para promover a sustentabilidade local en Europa, baseado no seguinte manifesto:
1. Aumentar a conciencia social acerca da sustentabilidade no ámbito local.
2. Fomentar a colaboración entre as autoridades locais e a sociedade civil, e en especial a mocidade, á hora de promover o desenvolvemento sostible.
3. Recoñecer o papel fundamental da mocidade na consecución da sustentabilidade local, pois o seu interese no desenvolvemento sostible, a redución das emisións de gases de efecto invernadoiro e a conservación ecolóxica fíxose patente no último ano.
4. Plantar unha árbore por Europa no municipio propio, compartindo unha fotografía do momento con Equipo Europa, para que quede constancia.
5. Promover na comunicación institucional, web e redes sociais unha campaña para promover a sustentabilidade local e animar a outros alcaldes para sumarse a esta iniciativa, usando o lema # UnÁrbolPorEuropa.
En Galicia, esta é a listaxe de Concellos que suscriben #UnArbolporEuropa
- A Pobra do Caramiñal
- Baña
- Cangas
- Cerdido
- Gondomar
- Fene
- Miño
- Neda
- Nigrán
- O Grove
- Outes
- Pontevedra
- Porto do Son
+INFO en https://equipoeuropa.org/unarbolporeuropa/
@GaliciaSostible