A Oficina Técnica da Xunta de Galicia para Pacto dos Alcaldes informa que a EUCF (European City Facitlity) organiza o Webinar "Lanzamento da Primeira Convocatoria da iniciativa EUCF ao detalle" o 5 de maio de 2020 de 10:00 – 11:30 h.
Que é a EUCF?
A European City Facility é unha iniciativa creada no marco do programa de investigación e innovación da Unión Europea, Horizonte 2020: un instrumento de asesoramento, formación e apoio financeiro a medida, áxil e simplificado (pago único de 60.000 €) que se concederá a ao redor de 200 entidades locais, para facilitarlles o desenvolvemento do que se denominaron ‘conceptos de investimento’, como primeiro paso cara ao desenvolvemento de plans sólidos de investimento en enerxía sostible.
Trátase dunha iniciativa cuxo obxectivo final é facilitar a posterior mobilización de investimentos locais en actuacións de eficiencia enerxética e enerxías renovables.
Quen pode solicitala?
A convocatoria EUCF está dirixida a todas as entidades locais e agrupacións de entidades locais dos 27 Estados membros da Unión Europea e do Reino Unido, que dispoñan de:
• O código NUTS III (Nomenclatura de unidade Territorial) ou LAU (Unidade Administrativa Local).
• Un plan de acción de Enerxía sostible aprobado politicamente (PAES, PACES, ou plans de similar alcance e ambición).
• Unha carta de apoio do seu alcalde ou outro representante político electo.
As axudas concederanse en concorrencia competitiva por zonas xeográficas.
Como se solicita?
O procedemento diferencia 2 fases:
• Verificación dos criterios de elexbilidade (verificación automática mediante respostas SI/NON) onde se lle solicitará comprobar e confirmar que cumpre cos criterios de elexibilidade establecidos;
• Presentación da solicitude completa. O formulario de solicitude comprende un conxunto de preguntas sinxelas, a través das que se explicará brevemente o proxecto para desenvolver facendo fincapé, entre outros aspectos, no volume de investimento previsto, o impacto en termos enerxéticos (aforro enerxético, xeración renovable, redución de emisións, etc.), solidez da/s administración/s implicada/s e aliñación do plan cos obxectivos da EUCF.
Ambos os pasos realizaranse online, a través da Plataforma Online de Xestión da Iniciativa (EUCF FMP).
Que documentación se precisa?
Deberanse enviar os seguintes documentos para que a proposta sexa avaliada:
• Formulario de solicitude debidamente cumprimentado;
• Plan de acción de Enerxía sostible, como PAES, PACES ou calquera outro plan de similar alcance e ambición.
• Carta de apoio do alcalde ou outro representante político electo;
• Unha Declaración de compromiso co período de execución e seguimento.
Que financia a EUCF?
A EUCF financia o desenvolvemento de ‘conceptos de investimento’ (Plans de Investimento detallados). Cada beneficiario recibirá unha axuda de 60.000 €, para financiar o asesoramento técnico, legal e/ou financeiro que precise para o seu desenvolvemento. Esta contía tamén poderá destinarse a cubrir os custos doutro tipo de actuacións como auditorías enerxéticas, estudos de viabilidade, análise de mercado, etc.
Prazos
- Apertura da convocatoria: 25 de maio
- Peche da convocatoria: 2 de outubro
- Resultados da avaliación: decembro
- Segunda convocatoria: primavera 2021
Máis información:
En cada país designouse un Servizo Nacional de Asistencia, un experto en enerxía sostible e financiamento, que apoiará aos municipios durante todo o proceso.
Experto Nacional designado en España: Francisco Puente fpuente@escansa.com
@GaliciaSostible #Compromiso