Informe Mundial das Nacions Unidas sobre o Desenvolvemento dos Recursos Hídricos 2020: auga e cambio climático

luns, 22 Xuño, 2020 - 00:00

A Oficina Técnica da Xunta para Pacto das Alcaldías informa da publicación do Informe Mundial das Nacións Unidas sobre o Desenvolvemento dos Recursos Hídricos 2020: auga e cambio climático.

Resumo executivo

O cambio climático afectará á dispoñibilidade, calidade e cantidade de auga para as necesidades humanas básicas, poñendo en perigo o disfrute efectivo dos dereitos humanos á auga e ao saneamento de potencialmente miles de millóns de persoas.

Os cambios hidrolóxicos inducidos polo cambio climático dificultarán aínda máis a xestión sostible dos recursos hídricos, que xa de por sí se atopan baixo presión en moitas partes do mundo.A seguridade alimentaria, a saúde humana, os asentamentos urbanos e rurais, a produción de enerxía, o desenvolvemento industrial, o crecemento económico e os ecosistemas dependen da auga e por conseguinte, son vulnerables ás consecuencias do cambio climático.

Adaptarse e mitigar o cambio climático por medio dunha xestión hídrica é fundamental para o desenvolvemento sostible e esencial para cumprir coa Axenda de Desenvolvemento Sostible 2030, o Acordo de París sobre o Cambio Climático e o Marco de Sendai para a Redución do Risco de Desastres.

+INFO en https://unesdoc.unesco.org/ark:/48223/pf0000372882_spa 

@GaliciaSostible #Compromiso