A un ano do inicio da pandemia, o gasto para a recuperación non cumpriu cos compromisos das nacións de reconstruír de maneira máis sostible. Unha análise do gasto das principais economías, dirixido polo Proxecto de Recuperación Económica de Oxford e o Programa das Nacións Unidas para o Medio Ambiente ( PNUMA), atopa que só o 18,0% do gasto para a recuperación anunciado pode considerarse “verde”.
O informe, Estamos a reconstruír mellor? Folla de roteiro para un gasto verde e inclusivo na recuperación pos-COVID-19 fai un chamado aos gobernos para que invistan de maneira máis sostible e aborden as desigualdades a medida que estimulan o crecemento tras a devastación provocada pola pandemia.
Trátase da análise máis completa ata de data dos esforzos de recuperación e rescate fiscal relacionados coa Covid-19 por parte de 50 economías líderes, e revela que só US$ 368.000 millóns dun total de US $14,6 billóns de gastos inducidos pola COVID-19 (rescate e recuperación) en 2020 foron verdes.
+INFO e fonte en https://www.unep.org/es/noticias-y-reportajes/comunicado-de-prensa/vamos...
@GaliciaSostible