Impulsar a cidade con "emisións netas de carbono cero": mellores prácticas na integración intelixente de edificios e transporte

luns, 5 Xullo, 2021 - 00:00

A oficina técnica da Xunta para o Pacto das Alcaldías informa que o próximo 13 de xullo celebrarase o webinar "Impulsando a cidade de carbono cero: as mellores prácticas na integración intelixente de edificios e transporte", onde se presentarán e discutirán como os vehículos eléctricos e os edificios intelixentes poden proporcionar importantes fontes de flexibilidade distribuída para facer funcionar o sistema de enerxía, cada vez máis variable, á vez que apoian unha descarbonización eficiente.

Mostraranse as mellores prácticas e historias de éxito en cidades de toda Europa co obxectivo de demostrar o que é posible hoxe, os beneficios que se poden derivar para os cidadáns, o sistema e a sociedade en xeral, e inspirar a acción local.

+INFO e inscricións en https://www.eumayors.eu/news-and-events/events/upcoming-events/2577-powe...