Para dar resposta ás preguntas sobre que son as comunidades enerxéticas, como podemos co-crear solucións enerxéticas sustentables coas comunidades locais ou como podemos integrar estas comunidades para acelerar a transición enerxética, a Academia Comunitaria de Enerxíalanza un programa de capacitación no mes de abril
A Academia Comunitaria de Enerxía basease nos coñecementos do programa de investigación e innovación Horizonte 2020 da UE e está financiada polo proxecto EC2. Esta conecta as accións enerxéticas colectivas locais, a xustiza social e a participación para brindar novos camiños cara solucións enerxéticas sustentables. Así, a academia comparte coñecementos sobre cidadanía enerxética e comunidades enerxéticas (incluidos os desenvolvementos en regulacións e políticas), unha comprensión da participación cidadá nos sistemas enerxéticos e ferramentas prácticas de planificación de accións para implementar unha enerxía inclusiva.
A formación está organizada por ICLEI Europe en colaboración coas principais universidades e centros de investigación europeos, municipios pioneiros e comunidades enerxéticas comprometidas. A primeira sesión de formación, titulada "Cidadanía enerxética: unha peza que falta no rompecabezas da transición enerxética? Introdución a Community Energy Academy" terá lugar o 19 de abril de 2023 ás 10:00h en liña (vía Zoom). Para rexistrarse, pode facelo pinchando aquí.