Desde o ano 2012, e atendendo ás diferentes demandas sociais e ás necesidades que van xurdindo, a Xunta leva traballando de forma continuada na elaboración dunha serie de guías monográficas co fin de mellorar a xestión e a conservación de todas as formas de paisaxe.
Ata o momento xa se publicaron un total de 11, pero hai varias máis en proceso de elaboración e outras propostas que se están a valorar. Na práctica, estas guías teñen demostrado ser unha ferramenta efectiva para contribuír á conservación e ao mantemento das paisaxes onde se aplican, e ademais invitan a seguir con esta iniciativa para homoxeneizar criterios e boas prácticas na planificación e deseño de futuras intervencións sobre o territorio.
As 11 guías que no marco da Colección Paisaxe Galega xa están dispoñibles na web do Instituto de Estudos do Territorio para a súa descarga son:
1.- Guía estudos de impacto e integración paisaxística
3.- Guía de boas prácticas para a intervención nos núcleos rurais
4.- Guía de boas prácticas de intervención en sistemas praia-duna
5.- Guía de caracterización e integración paisaxística de valados
6.- Guía de cor e materiais de Galicia
7.- Guía de estudos da paisaxe urbana
8.- Guía de boas prácticas en intervencións en espazos públicos (tomo 1 e tomo 2)
9.- Guía de boas prácticas para a integración paisaxística das actividades extractivas
11.- Guía de boas prácticas para a identificación e acondicionamento de miradoiros
Así mesmo, entre as publicacións que están en fase de redacción cómpre subliñar as seguintes:
12.- Guía de boas prácticas sobre deseño e instalación de cartelería comercial
13.- Guía de boas prácticas para a integración na paisaxe das instalacións de abastecemento
14.- Guía de recomendacións básicas para evitar o impacto na paisaxe das instalacións portuarias da Xunta de Galicia
15.- Guía de recomendacións básicas para a integración paisaxística de parques empresariais