O Foro de Investimento do Pacto das Alcaldías- Energy Efficiency Finance Market Place realizarase o próximo 18 de outubro na cidade de Bruxelas. Para a celebración desta edición contarase co apoio das Direccións Xerais de Enerxía e Acción polo Clima da Comisión Europea e a Axencia Executiva Europea de Clima, Infraestrutura e Medio Ambiente (CINEA), en colaboración con Pacto das Alcaldías da Unión Europea polo Clima e a Enerxía.
Neste Foro contarase con representantes de alto nivel da Comisión Europea, as cidades e a comunidade investidora, os cales presentarán plans e estratexias de carácter sostible para a transición enerxética, financiamento da eficiencia enerxética no sector público e privado e investimentos en renovación de vivendas.
Este foro reunirá a entidades e representantes concienciados coa eficiencia e sustentabilidade enerxética, o que permitirá crear unha contorna óptima para establecer contactos de calidade.