A edición 2021 do Foro de Investimento do Pacto das Alcaldías Europa; mercado de financiamento da eficiencia enerxética, está organizada conxuntamente polas Direccións Xerais de Enerxía e Acción Climática da Comisión Europea e a Axencia Executiva Europea de Clima, Infraestrutura e Medio Ambiente (CINEA).
A conferencia incluirá sesións plenarias con representantes de alto nivel da iniciativa Pacto das Alcaldías, a comunidade investidora e a Comisión Europea. Tamén presentará proxectos exitosos que financian a eficiencia enerxética, a adaptación climática, a mobilidade limpa e a planificación enerxética innovadora.
A conferencia reunirá o 15 e 16 de xuño a cidades, industrias e institucións financeiras para intercambiar boas prácticas e solucións exitosas a desafíos comúns.
+INFO en https://ec.europa.eu/info/events/sustainable-energy-investment-forums/co...