A Axencia Executiva Europea de Clima, Infraestruturas e Medio Ambiente (CINEA) e a Dirección Xeral Clima para a Acción (DG CLIMA) organizarán conxuntamente un evento en liña os días 4 e 5 de xullo para axudar aos solicitantes a presentar a súa solicitude á terceira convocatoria a pequena escala do Fondo de Innovación
O Fondo de Innovación é un programa de financiación dedicado ao despegue e a ampliación de tecnoloxías innovadoras baixas en carbono, co obxectivo de levar ao mercado solucións industriais para descarbonizar Europa. Finánciase cos ingresos da sibasta de dereitos de emisión do Réxime de Comercio de Emisións da UE.
A Comisión lanzou unha nova convocatoria para proxectos a pequena escla cun presuposto total de 100 millóns de euros cada un en enerxías renovables, industrias de gran consumo enerxético, almacenamento de enerxías e captura, uso e almacenamento de carbono. As solicitudes á convocatoria poderanse presentar ata o 19 de setembro de 2023.
Durante a sesión da mañá do día 4 de xullo os participantes aprenderán, da man de CINEA, a DG CLIMA e un par de proxectos exitosos a pequena escala de convocatorias anteriores, sobre os principais desafíos, os erros máis comúns e cómo evitalos á hora de presentar as súas solicitudes.
A tarde do día 4 e ao longo de todo o día 5, CINEA e DG CLIMA realizarán sesións de orientación en liña que serán transmitidas por Internet. Así, os proxectos seleccionados terán a oportunidade de presentar a súa idea de proxecto.
A data límite para participar na sesión de orientación é o martes 13 de xuño de 2023. Para asistir é preciso rexistrarse no seguinte enlace.