Feira Enerxética de Galicia - ENERXÉTIKA do 26 ao 28 de marzo en Silleda

luns, 9 Marzo, 2020 - 00:00

A Xunta de Galicia colabora coa Feira Enerxética de Galicia - ENERXÉTICA, que nesta terceira edición celebrarase entre o 26-28 de marzo nas instalacións da Feira Internacional de Galicia Abanca de Silleda. 

Dende a Oficina Técnica de Pacto dos Alcaldes, instrumento co financiado con fondos FEDER e coordinado pola Dirección Xeral de Calidade Ambiental e Cambio Climático da Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda, recomendamos aos Concellos galegos a asistencia a ENERXÉTICA. Entre o programa de actividades as persoas asistentes poderán participar de xornadas técnicas, talleres ou seminarios. 

As xornadas técnicas seguirán sendo protagonistas, con temas de máximo interese marcados pola transformación do sector e debullados por recoñecidos expertos. Entre as temáticas a tratar están algunhas directamente relacionadas co Cambio Climático, como:

  • Transición enerxética
  • Mobilidade sostible
  • Aforro e eficiencia
  • Bioconstrucción
  • Economía circular

Máis información sobre a Feira Enerxética de Galicia

@GalciaSostible