Do 19 ao 21 de xuño celebrarase a Conferencia Europea de Adaptación ao Cambio Climático en Dublín, Irlanda, convocada por proxectos financiados polo programa Horizonte 2020 da UE e á cal se poderá asistir tanto de maneira presencial como en liña
A conferencia ECCA crea unha oportunidade única para o diálogo, os intercambios e o intercambio de desafíos, experiencias e coñecementos. O seu obxectivo, din, é ir máis aló do diálogo para construír comunidades interrelacionadas de experiencia e interese en toda Europa.
Así, tal e como indican no seu espazo web, a ECCA organízase coa finalidade de actuar como un intercambio entre os tomadores de decisións locais e rexionais e os actores do sector privado sobre o mellor coñecemento dispoñible sobre a adaptación climática e o desenvolvemento da resiliencia e a comprensión por parte dos científicos sobre que investigación necesítase a continuación.
Ademais, é unha boa oportunidade para crear vínculos sostibles para colaborar na procura de solucións sobre o terreo, mostrar boas prácticas para que poidan servir de exemplo e desencadeen a mellora das solucións de adaptación e inspirar novas medidas de acción e política e crear conciencia.