Excelente acollida dos seminaros de formación #WebinarPACES

martes, 5 Maio, 2020 - 00:00

Os #WebinarPACES organizados pola Oficina Técnica da Xunta para o Pacto dos Alcaldes, coordinada pola Dirección Xeral de Calidade Ambiental e Cambio Climático da Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda, comezaron hoxe día 5 de maio. 

Compre destacar a boa acollida dos mesmos, xa que se cubriron o total das prazas ofertadas, cun total de 40 participantes de 30 concellos galegos adheridos ao Pacto. En vindeiras datas anunciaranse novas formacións en liña para os Concellos que o precisen.

Poden mostrar o seu interese en participar nos novos webinars que se anuncien no seguinte ENLACE

Se precisan contactar co persoal da Oficina Técnica da Xunta de Galicia para o Pacto dos Alcaldes, poden chamar ao 670506359 ou ben enviar un correo electrónico á dirección pactodealcaldes@xunta.gal

@GaliciaSostible #Compromiso