luns, 6 Xullo, 2020 - 00:00
A Oficina Técnica da Xunta para o Pacto das Alcaldías informa da celebración do Webinar "Contratación pública ecolóxica e enerxías renovables", organizado pola Alianza do Clima, xunto co Pacto das Alcaldías – Oficina Europea e o CIRCE.
A contratación pública ten grandes posibilidades de promover innovacións ecolóxicas e sostibles con baixas emisións de carbono. Desde a Oficina Técnica da Xunta para o Pacto das Alcaldías anímase aos Concellos galegos a formar parte deste taller dedicado ao intercambio de desafíos e oportunidades de contratación sostible, así como ás barreiras existentes para as autoridades locais e para as pequenas e medianas empresas.
@GaliciaSostible #Compromiso