European City Facility: terceira convocatoria para obter apoio financeiro e técnico para os seus plans de investimento locais

mércores, 13 Outubro, 2021 - 00:00

European City Facility (EUCF), unha iniciativa financiada pola UE que axuda ás cidades e municipios a desenvolver conceptos de investimento e atopar investidores para os seus proxectos de enerxía sostible, lanza agora a súa terceira convocatoria de solicitudes.

As autoridades locais de toda Europa (cidades e municipios) poden solicitar o apoio da EUCF do 15 de outubro ao 17 de decembro de 2021. Nesta terceira convocatoria, a EUCF proporcionará financiamento a 68 cidades ou municipios. O orzamento total dispoñible para a convocatoria é de 4,08 millóns de euros.

Cunha subvención de ata 60.000 € por beneficiario, así como servizos de apoio adicionais, a EUCF ten como obxectivo desbloquear os investimentos en proxectos locais de enerxía sostible, que son cruciais para a implementación dos plans de acción de enerxía e clima das cidades.

Máis de 250 solicitudes de toda Europa chegaron a través da primeira convocatoria de solicitudes en 2020. Destas, 69 recibiron financiamento. A 2ª convocatoria, que se pechou en maio deste ano, recibiu 221 solicitudes e resultou na selección de 68 beneficiarios. As cidades da primeira convocatoria xa están

a desenvolver os seus conceptos de investimento en proxectos (prevista para a primavera de 2022), mentres que as cidades da segunda rolda pronto comezarán a traballar nos seus.

As cidades e os municipios poden obter máis información sobre a 3ª convocatoria asistindo ao seminario web de lanzamento o 14 de outubro ás 11:00 a.m, a través da ligazón: https://climatealliance-org.zoom.us/meeting/register/u5IpcO6orDgtE9AusDQ...