O proxecto "LIFE Lugo + Biodinámico: Planificación dun barrio multi-ecolóxico como modelo de resiliencia urbana", foi escollido pola EU Climate Action como boa prácitca na visibilización de proxectos en materia de cambio climático.
A pandemia de coronavirus puxo de relevo a importancia da cooperación local para facer fronte a desafíos mundiais como o cambio climático. O proxecto de Lugo para o futuro demostra que se poden deseñar e construír un espazo que simultaneamente protexa o medio ambiente e permita prosperar ás comunidades.
Compre indicar que Lugo é un dos concellos adheridos ao Pacto das Alcaldías polo Clima e a Enerxía.
+INFO en https://ec.europa.eu/info/strategy/recovery-plan-europe/recovery-coronav...
+INFO en https://www.lugobiodinamico.eu/es/