O 2 e 3 de xuño de 2022 celébrase en Estocolmo a reunión internacional a través da cal se conmemora o 50 aniversario da Conferencia das Nacións Unidas sobre o Medio Humano de 1972, a cal foi a primeira en convertir a acción ambiental nun asunto mundial urxente. O lema desta reunión e "Estocolmo +5, un planeta san para a prosperidade de todos: a nosa responsabilidade, a nosa oportunidade".
50 anos despois da Conferencia sobre o Medio Humano, o mundo enfréntase a tres grandes crises: o cambio climático, a perda da biodiversidades e a contaminación e os residuos. Un planeta contaminado supón un risco para a saúde das persoas e afecta ao benestar persoal, a prosperidade, a igualdade e a paz. O secretario xeral da ONU, António Guterres, establece estas crises como a principal ameaza contra a existencia da humanidade e confirma que se precia "un esforzo urxente e total para cambiar o curso das cousas"
O encontro de Estocolmo +50 terá un carácter colaborativo e permitirá que os participantes compartan as súas experiencias e iniciativas para protexer o planeta e contribuír ao desenvolvemento sostible e inclusivo
.