Energy Poverty Advisory Hub: unha nova plataforma dixital para apoiar as accións locais contra a pobreza enerxética

venres, 22 Outubro, 2021 - 00:00

O Energy Poverty Advisory Hub (EPAH), unha iniciativa da Comisión Europea, acaba de lanzar o seu novo sitio web co obxectivo de converterse no centro de coñecementos especializados sobre pobreza enerxética na UE para as autoridades locais e todas as partes interesadas en tomar medidas para combater a pobreza enerxética.

Na plataforma recentemente lanzada, os gobernos locais e as súas organizacións de apoio poderán:

- Descubrir accións locais, mediante as publicacións regulares de proxectos inspiradores e un ATLAS en liña que destacará as prácticas e medidas locais.

- Aprender máis sobre a pobreza enerxética e as accións de mitigación: acceso gratuíto a ferramentas para orientar a organizacións locais; cursos de formación en aberto; indicadores dos problemas da pobreza enerxética en Europa.

- Explorar o sistema de apoio EPAH: servizo de asistencia técnica para axudar e guiar aos municipios no lanzamento dunha acción local sobre a pobreza enerxética. Haberá convocatorias abertas para brindar apoio a municipios que queren ir aínda máis aló, con orientación bilateral e directa de expertos locais e internacionais da EPAH. Máis información dispoñible na páxina web da plataforma: https://energy-poverty.ec.europa.eu/index_es