Energy Cities lanza un novo podcast con Chloé Verlinden

xoves, 4 Maio, 2023 - 00:00

A cofundadora de Brupower, a primeira cooperativa enerxética de Bruxelas, acompaña o programa de "City Stories: The podcast by Energy Cities"

O programa publicado o sábado 29 de maio conta coa compañía de Chloé Verlinden, unha moza xeógrafa urbana con formación sobre Estudos Urbanos e unha licenciatura en Ciencias Políticas e Sociais que se formaron por distintos lugares como Mar da Prata, Ottawa ou Bruxelas. Participa en distintos proxectos sobre transición enerxética urbana e a súa gobernanza, pero desde o 2020, forma parte da primeira cooperativa cidadá de enerxía Brupower de Bruxelas, tendo os cargos de cofundadora e administradora.

Esta cooperativa é o tema principal da entrevista, nesta explícase algunhas das formas nas que os cidadáns se poden converter en produtores de enerxía, tanto en enerxía solar como eólica mariña. Ademais, fálase sobre as actividades da cooperativa con socios externos, de como se organiza e de coma protexer os voluntarios da cooperativa do esgotamento.

Este podcast pódese escoitar vía online, a través deste enlace.