A transformación dixital e ecolóxica do sector do transporte europeo require un intercambio itelixente de datos de mobilidade
O Espazo Europeo de Datos de Mobilidade (EMDS) ten como obxectivo establecer un mercado unificado para os datos de mobilidade, permitindo o intercambio de información seguro e controlado en todo o continente.
Neste seminario, expertos do sector dos datos e a mobilidade explorarán os beneficios enerxéticos e prácticos dun espazo común europeo de datos de mobilidade para a industria do transporte. No debate, examinarase o impacto da implementación dun EMDS baseado nas conclusións e resultados do proxecto, como os ecosistemas de datos identificados e os bloques de construción do EMDS.
Ademais, tal e como se pode consultar no portal do evento, os oradores profundizarán en aspectos políticos chave relacionados coa ambición do espazo europeo de datos de mobilidade, incluida a gobernanza, a interoperabilidade, a confianza e o valor dos datos, ao tempo que abordarán a arquitectura de referencia e a distribución dos bloques de construción deste espazo.
O seminario web terá lugar o 5 de xullo ás 15:30h. Para asistir, será preciso rexistrarse no seguinte enlace.