mércores, 8 Febreiro, 2023 - 00:00
A Conferencia Internacional de Enerxías Renovables en España preséntase como unha gran oportunidade para facer balance do estado actual da transición enerxética. Líderes políticos, empresas, ONG e expertos debatirán sobre as mellores políticas públicas e iniciativas de fomento de enerxías renovables.
A Conferencia confórmase como unha serie de conferencias políticas de alto nivel enfocadas á transición enerxética sostible que actúa como plataforma común para abordar conxuntamente o impulso ás enerxías renovables.
Terá lugar entre os días 20 e 23 de febreiro en IFEMA, Madrid, coincidindo coa Feira Internacional de Enerxía e Medio Ambiente, GENERA 2023.
Faga clic aqui para rexistrarse antes do 12 de febreiro.