A nova iniciativa da Unión Europea ten como obxectivo empoderar ás comunidades enerxéticas e poñer aos cidadáns á fronte dos proxectos de renovación relacionados co aforro enerxético
Este proxecto ofrecerá un servizo de apoio que fortalecerá a construción comuniaria e axudará a replicar programas para renovacións enerxéticas de edificios, incluido o illamento, novos sistemas técnicos e instalación de enerxías renovables. Ademais, axudará a proxectos piloto seleccionados a superar as barreiras financieiras legais, técnicas e informativas e xerar edificios residenciais preparados para o futuro.
Por outra banda, invítase ás comunidades de enerxía renovable ou cidadá ubicadas na Unión Europea a mostrar o seu interese en recibir apoio para os seus proxectos de renovación liderados por cidadáns. Así mesmo, tamén poderán postularse as comunidades de enerxía que estean a piques de ser lanzadas, así como xanelas únicas en renovación que colaboren con ata tres comundiades de enerxía renovable ou cidadá e tamén solicitudes conxuntas de comunidades enerxéticas se os solicitantes son o suficientemente similares.
No marco da convocatoria, seleccionaranse ata 3 iniciativas piloto, con outras 3 iniciativas nunha lista de reserva.
As solicitudes poderanse presentar ata o 31 de maio de 2023 ás 24:00h. Para presentarse á convocatoria, é preciso cumprimentar un formulario en liña e tamén cargar un comprobante de rexistro da Comunidade de Enerxía Cidadá/Comunidade de Enerxía Renovable.