Convocatoria PIONNERS para organizacións que desexen acoller a profesionais do Cambio Climático

mércores, 10 Xuño, 2020 - 00:00

A Xunta de Galicia informa sobre a iniciativa “Pionners into practice”, aberta ata o 16 de xuño, dirixida a organizacións que desexen acoller fisicamente ou en remoto a un/unha profesional internacional do cambio climático que colaborará na oferta de proxecto que cada entidade publique na plataforma, sen custo algún para a organización.

Que é PIONEERS?

PIONEERS é un programa de mobilidade, dentro da iniciativa europea EIT Climate-KIC, entidade europea de innovación climática da que a Xunta de Galicia forma parte.

Trátase dun programa de mobilidade co obxectivo de crear unha comunidade de expertos dotándoos de ferramentas para desenvolver as súas capacidades e talentos e así explorar, innovar e poñer en práctica os últimos avances que axuden a mitigar o impacto ambiental. A convocatoria chama a estes profesionais “pioneiros”.

Para que este programa de mobilidade funcione é preciso a participación de organizacións que acollan aos profesionais. É por iso que Climate-Kic invita a entidades públicas e privadas, que estean a desenvolver proxectos na loita contra o Cambio Climático, a que se unan á convocatoria PIONEERS e acollan pioneiros que podan colaborar nos seus proxectos.

Que requisitos necesitan as organizacións para ser anfitrións?

  • Mostrar experiencia ou interese relevante no cambio climático e/ou a economía de baixo carbono.
  • Que poida proporcionar un espazo de traballo e a supervisión pertinente para traballar co persoal pioneiro na definición dunha tarefa de traballo relacionada coa sustentabilidade (tamén pode ser traballo en remoto).
  • Con capacidade para acoller Pioneers entre setembro e mediados de novembro de 2020.
  • Con interese en expandir a súa rede e xerar novos coñecementos a través da acollida de persoal profesional e interesados en aprender sobre a innovación sistémica.
  • Ser unha organización con mentalidade aberta disposta a aprender, compartir e gozar de todas as etapas do programa Pioneers into Practice cun enfoque no que todos saian gañando.

Sobre os pioneiros

Son profesionais procedentes do mundo empresarial, académico, da investigación e da administración que estean a desenvolver a súa carreira no campo das tecnoloxías limpas, eficiencia enerxética, transporte e edificación sustentable, xestión da auga e territorio, residuos, redes intelixentes, consumo verde ou a optimización de procesos industriais para reducir as emisións de CO2.

Sobre a convocatoria

  • Duración de 4 a 6 semanas.
  • A convocatoria xeralmente é presencial, pero debido á crise actual, tamén poderá levarse acabo de xeito remoto.
  • As organizacións acolledoras non teñen que asumir ningún tipo de custe.
  • Prazo: 16 de xuño

Para ampliar información durante o proceso de inscrición, habilítanse os seguintes contactos:

Marina Gil: marina.gil@climate-kic.org

Israel Griol Barres: igriol@ideas.upv.es

Benjamin Salvador Montoliu: benjamont@gmail.com

+INFO en https://pioneers.climate-kic.org/

@GaliciaSostible #Compromiso