Continúan os asesoramentos telemáticos por parte da Oficina Técnica da Xunta para o Pacto das Alcaldías

xoves, 24 Setembro, 2020 - 00:00

Nos últimos días a Oficina Técnica da Xunta para o Pacto das Alcaldías, coordinada pola Dirección Xeral de Calidade Ambiental e Cambio Climático da Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda, mantivo reunións telemáticas cos Concellos de Carballo, Negreira, O Porriño, Cabanas, Bande, Castrelo do Val e Mazaricos, nos que o persoal técnico informou aos traballadores e traballadoras e representantes municipais dos pasos a seguir para a elaboración do Plan de Acción polo Clima e a Enerxía Sostible - PACES, así como solventar dúbidas xeradas durante o proceso de redacción do mesmo.

A Xunta de Galicia continúa así a prestar asesoramento telemático individualizado aos Concellos galegos. Todos aqueles concellos que precisen asesoramento, tanto para a adhesión como para a realización do PACES, poden contactar coa Oficina Técnica por vía telefónica no 670 506 359 ou no correo electrónico pactodealcaldes@xunta.gal.

@GaliciaSostible #Compromiso