venres, 30 Outubro, 2020 - 00:00
A Oficina Técnica da Xunta para o Pacto das Alcaldías informa que os Concellos de O Bolo, Santa Comba e Carballo aprobaron esta semana os seus Plans de Acción polo Clima e a Enerxía Sostible PACES en pleno municipal, requisito indispensable marcado por Pacto das Alcaldías Europa para a súa validación.
Cómpre lembrar que unha vez aprobados en pleno, os documentos PACES deben ser subidos no perfil My Covenant, que cada concello adherido dispón na plataforma https://www.pactodelosalcaldes.eu/
@GaliciaSostible #Compromiso