Consulta Pública sobre a Folla de Roteiro de Tecnoloxías Circulares

luns, 12 Setembro, 2022 - 00:00

A Comisión Europea está a traballar no desenvolvemento dunhas Follas de Roteiro de Tecnoloxías Industriais como parte da “Nova ERA para Investigación e Innovación”, que teñen como obxectivo acelerar a incorporación dos resultados de investigación na economía. En cooperación con industria, centros de investigación e innovación e os Estados Membros do Espazo Europeo de Investigación (ERA), estas follas de roteiro reflicten o estado de madurez das tecnoloxías relevantes, os investimentos para o seu desenvolvemento e o marco necesario para o seu rápido desenvolvemento e implementación dos resultados de investigación.

Esta consulta pública é un fito na preparación da Folla de Roteiro sobre Tecnoloxías Circulares e modelos de negocio, encamiñada a impulsar a circularidade en tres ecosistemas industriais: téxtil, construción e industrias intensivas en enerxía.

Con esta consulta pública, a Comisión recollerá opinións sobre a madurez tecnolóxica, o potencial da economía circular e a viabilidade de mercado de tecnoloxías crave para a circularidade, así como sobre as condicións de contorno relevantes e as barreiras ás que enfrontarse.

A vosa contribución axudará a validar a base empírica e conclusións que poderían guiar máis adiante á UE e as políticas nacionais para apoiar o desenvolvemento e implementación das tecnoloxías circulares. A consulta estará aberta ata o 30 de setembro.

As ligazóns para participar son os seguintes:

-Téxtil: https://ec.europa.eu/eusurvey/runner/ERA-Circular-Industrial-Technology-...

-Construción: https://ec.europa.eu/eusurvey/runner/ERA-Circular-Industrial-Technology-...

-Industrias intensivas en Enerxía: https://ec.europa.eu/eusurvey/runner/ERA-Circular-Industrial-Technology-...