Construíndo Cidades Sostibles - Proxecto LIFE Lugo + Biodinámico

venres, 9 Decembro, 2022 - 00:00

O proxecto LIFE Lugo + Biodinámico afronta a súa recta final organizando o seu encontro "Construíndo cidades sostibles" co que mostrar o traballo realizado a través do proxecto na cidade de Lugo e promover intercambios educativos e achegas con outros proxectos europeos baseados na adaptación ao cambio climático.

En este evento de dous días reuniranse diferentes representantes institucionais, académicos e empresariais para destacar o compromiso coa sustentabilidade que está a realizar o Concello de Lugo.O primeiro día poderase asistir presencialmente ou en liña, e o segundo día terá lugar exclusivamente de forma presencial.

Atopa o formulario de rexistro e o programa aquí. Rexístrese ata o 14 de decembro ou cando se complete a capacidade de asistencia de 75 asistentes.