O Panel europeo de cambio climático, medioambiente e saúde reuniuse do 7-9 de xaneiro de 2022 por terceira vez. A través deste evento reuníronse ao redor de 200 cidadáns europeos de diferentes idades e contornas, de todos os Estados Membros, (en persoa e en remoto) e adoptaron 51 recomendacións en relación aos retos que Europa ten que superar en relacion ao clima, o medioambiente e a saúde.
Ditas recomendacións derívanse do traballo realizado nas dúas sesións anteriores (en outubro e Novimebre de 2021) e relaciónanse coas seguintes temáticas:
- Mellores condicións de vida
- Protección do medioambiente e a saúde
- Redireccionar a economía e o consumo cara a unha sociedade sostible
Pódense consultar as recomendacións adoptadas a través da seguinte ligazón: https://ec.europa.eu/commission/presscorner/detail/en/ip_22_285