PROSPECT+, financiado polo programa de investigación e innovación Horizonte 2020, é un proxecto de desenvolvemento de capacidades para cidades e rexións que permite brindarlles apoio no seu camiño cara á adopción de prácticas e políticas de eficiencia enerxética
O impacto e a visibilidade do proxecto anterior, PROSPECT, permitiron o desenvolvemento dun proxecto aínda máis competitivo, PROSPECT+, que continuará a aprendizaxe entre pares centrándose en 5 módulos de aprendizaxe :
- Edificios públicos
- Edificios privados
- Iluminación pública
- Transporte
- Intersectorial
PROSPECT+ basearase no proxecto PROSPECT existente para permitir o desenvolvemento de capacidades nas autoridades rexionais e locais co fin de financiar e implementar plans de enerxía sostible efectivos e eficientes, incluído o seu seguimento e verificación adecuados. Este promoverá as sinerxias cos plans locais e facilitará os procesos de toma de decisións da cidade con respecto á implementación de medidas de eficiencia enerxética.
Espérase que máis de 200 cidades da UE melloren as súas capacidades con respecto á implementación de proxectos de PACES e plans sostibles similares a través do programa de desenvolvemento de capacidades.
Se quere saber máis sobre o proxecto, pode rexistrarse no seguiente enlace para asistir ao webinar que terá lugar o xoves 2 de marzo de 2023 ás 10:00h.