A comunidade do Pacto das Alcaldías en Galicia chega aos 270 concellos adheridos

xoves, 22 Abril, 2021 - 00:00

A Oficina Técnica da Xunta para o Pacto das Alcaldías polo Clima e a Enerxía continúa acompañando aos concellos galegos no proceso de adhesión ao Pacto. Durante este ano 2021, 37 concellos sumáronse á iniciativa, sendo As Somozas, Malpica e Lourenzá os últimos municipios en incorporarse.

Deste xeito, Galicia posiciónase como unha das comunidades autónomas españolas con maior representatividade nesta iniciativa comunitara, que pretende loitar contra o cambio climático dende as entidades locais. 

@GaliciaSostible