A Comunidade do Pacto das Alcaldías en Galicia acada os 2.180.249 de habitantes

martes, 31 Agosto, 2021 - 00:00

A iniciativa europea Pacto das Alcaldías conta con 271 concellos adheridos.

Un total de 2.180.249 de galegas e galegos viven en concellos comprometidos con actuar para apoiar a aplicación do obxectivo europeo de reducir os gases de efecto invernadoiro e adoptar un enfoque común para promover a mitigación e adaptación ao cambio climático.