Este mércores 16 e xoves 17 de xuño, o Centro de Extensión Universitaria e Divulgación Ambiental de Galicia celebrará o seminario online "Compartindo espazos: Sostibilidade das actividades humanas nas áreas protexidas mariñas e litorais".
O obxectivo principal deste seminario é analizar o potencial impacto das actividades humanas no medio mariño e litoral sobre as aves mariñas, avanzar na proposta de boas prácticas e presentar experiencias exitosas.
Está dirixido a profesionais, técnicos e/ou usuarios/as de actividades relacionadas co medio mariño, ONG's de carácter ambiental, administracións competentes na xestión ambiental, pesqueira, territorial, e poboación local e público xeral interesado.
Para máis información http://www.ceida.org/gl/formacion-gl/compartindo-espazos-sostibilidade-d...