Como facer que a economía circular funcione?

luns, 13 Marzo, 2023 - 00:00

Dende FEDARENE realizan un webinar que ten como obxectivo orientar ás autoridades locais e rexionais nas súas estratexias de economía circular

FEDARENE convertiuse nunha rede europea de axencias de enerxía e autoridades locais/rexionais de máis de 80 membros. Dende os seus inicios FEDARENE serviu como trampolín para a creación de novas axencias e como cruce de camiños para unha ampla gama de axencias. Estes non son so a forza impulsora detrás do desenvolvemento da rede, senón que tamén xogan un papel esencial na formulación de políticas. Dende o 2008, FEDARENE forma parte do consorcio de redes europeas (como CEMR, Climate Alliance, Energy Cities, Eurocities, ICLEI) que forma a Oficina do Pacto das Alcaldías polo Clima e a Enerxía.

A transición a unha economía máis circular require cambios ao longo das cadenas de valor, dende novas formas de convertir os desfeitos nun recurso hasta novos modos de comportamiento do consumidor; así, para convertirse no primeiro continente climáticamente neutral, ten que cambiar o paradigma de crecemento para respaldar a economía circular.

Algunhas das preguntas que se abordarán neste webinar son: ¿cómo poden as cidades e rexións europeas poden volverse circulares? ¿deberían desenvolver unha estratexia de economía circular intersectorial ou centrarse únicamente en áreas específicas? ¿cales son ás áreas onde se pode aplicar o modelo circular?

 

Este webinar terá lugar o día 29 de marzo do 2023 ás 14:00h, e pode inscribirse aquí.