O portal proporciona as ferramentas para axudar a entidades rexionais e locais a implementar os seus plans de adaptación ao cambio climático
A Misión da UE sobre a Adaptación ao Cambio Climático céntrase en apoiar ás rexións, cidades e autoridades locais da Unión Europea nos seus esforzos por desenvolver a resiliencia aos impactos do cambio climático. O obxectivo da Misión é acompañar para 2030, ao menos, a 150 rexións e comunidades eruopeas cara a resiliencia climática.
O portal para impulsar dita Misión está desenvolvido pola Comisión Europea, a Axencia Europea de Medio Ambiente (AEMA) e o Consorcio MIP4Adapt como parte da plataforma Europea de Adaptación ao Clima Climate-ADAPT.
Este ofrece coñecementos e ferramentas para uso das autoridades rexionais e locais. Así mesmo, para axudar ás autoridades rexionais a desenvolver, implementar e monitoreas os seus plans de adaptación ao cambio climático, o portal tamén ofrece coñecementos, datos e ferramentas deseñadas para o seu iso a escala rexional. A través da ferramenta de apoio á adaptación rexional que moi pronto estará dispoñible, as autoridades poderán obter información práctica para cada paso do desenvolvemento dos seus plans de adaptación climática.
O taboleiro de adaptación deste portal brinda, así mesmo, fácil acceso a datos relevantes que poden axudar a informar a comprensión das vulnerabilidades e riscos climáticos específicos que as autoridades rexionais e locais deben abordar.