A conferencia convocouse como unha oportunidade de facer balance das leccións aprendidas da crise enerxética e facilitar un debate sobre o camiño a seguir para a política da UE
Entre os participantes na conferencia había representantes dos países da UE, organizacións sectoriais e outras partes interesadas, así como do mundo académico que, a través do debate, buscaban clarificar o futuro da política enerxética da UE e, máis concretamente, aquilo que respecta á seguridade enerxética e a transición cara a unha enerxía limpa.
Os sucesivos oradores reflexionaron sobre a resposta da UE á crise enerxética, facendo fincapé no papel crucial desempeñado pola Unión da Enerxía na aplicación satisfactoria do plan REPowerEU.
Pola súa banda, o Comisario Simson lembrou como a cooperación en medidas como a diversificación das subministracións enerxéticas, a redución da demanda xeral, o xiro cada vez maior cara as enerxías renovables e o reforzo da preparación para o próximo inverno permitiron a Europa resistir as condicións de crises experimentadas durante o ano pasado.
Así mesmo, tamén se fixo referencia ao traballo en curso dos países da UE sobre a revisión dos seus plans nacionais integrados de enerxía e clima para o período 2021-2030, realizouse un debate sobre o papel da planificación estratéxica (incluídos os PNEC) para seguir reforzando a seguridade enerxética da UE, celebráronse tres mesas redondas centradas en diversos aspectos relacionados coa transición cara as enerxías limpas e, para pechar a conferencia, o Director Xeral da DG Enerxía, Ditte Juul Jørgensen, subliñou a necesidade dunha previsión estratéxica e unha visión compartida ao planificar o camiño común de Europa cara a un futuro enerxético máis seguro, limpo e competitivo, coa participación de todos os niveis e partes interesadas.