A Coalición da Educación para o Clima é a comunidade educativa europea que apoia a implantación dos cambios necesarios para alcanzar unha sociedade climáticamente neutral.
Como iniciativa bandeira da área de Educación Europea para 2025 e parte esencial do Pacto Verde Europeo, a Coalición da Educación para o Clima forma parte da aproximación da Unión Europea ao ámbito da educación ambiental sostible.
Esta coalición busca inspirar, desenvolver e deseñar capacidades innovadoras na educación europea. Como comunidade, toma decisións de forma conxunta, actúa colaborativamente e adáptase de forma sostible.
As prioridades da devandita coalición son:
- Formar aos profesionais da educación
- Conectar a educación coa ciencia
- Facilitar o desenvolvemento de competencias e habilidades verdes
- Concienciar á poboación
- Traballar no cambio de condutas
A Coalición da Educación para o Clima reúne a toda a comunidade educativa europea, incluíndo:
- Profesores, educadores, alumnos, estudantes, adestradores e pais en todos os niveis e institucións
- Persoas que participan en todos os niveis do sistema educativo: institucións educativas de todas as idades, museos, industria, etc.
- Outros corpos educativos a niveis locais, rexionais, nacionais e europeos
Máis información: https://www.eumayors.eu/news-and-events/news/1915-education-for-climate....