As cidades á vangarda da transición enerxética

venres, 31 Marzo, 2023 - 00:00

Destacouse o importante papel das cidades na Conferencia do Pacto dos Alcaldes 2023

Onte celebrouse en Bruxelas a Conferencia anual do Pacto dos Alcaldes, que fixo énfase na crise enerxética que está atravesando Europa. Debido a este período que se está producindo, subliñouse na conferencia o liderado que deben de asumir as cidades para poder alcanzar os obxectivos de neutralidade climática da UE.

En termos de medio prazo débense realizar un esforzo para a construción de sistemas de enerxía limpa, alcanzable e segura, onde as cidades se deben de involucrar outra vez na consecución dos obxectivos marcados a nivel de renovación de edificios e eficiencia enerxética.

O Plan RepowerEu xa foi parte da planificación climática implantando medidas que asistían o alcance dos obxectivos, mediante un aumento no aforro da enerxía renovable, multiplicar por dúas a capacidade solar, ademais de axilizar os permisos e mobilizar os investimentos. A campaña "Sprint de Aforro de Enerxía" tamén apoiou estes esforzos, repartiu consellos prácticos para fomentar nos gobernos locais a redución do consumo de enerxía, multiplicando as enerxías renovables, aumentar a eficiencia enerxética e acelerar a transición enerxética en toda Europa.