O cuarto seminario web dentro da serie "Transicións enerxéticas xustas" analizará as oportunidades de financiamento para as transicións enerxéticas e escoitará reflexións e leccións aprendidas no camiño cara a eliminación de carbón
Financiar unha transición enerxética formula moitas preguntas para todos os axentes interesados: como desenvolver unha proposta de proxecto que poida atraer financiamento? que fontes de financiamento se deben considerar? pódense combinar de maneira efcetiva as fontes de financiamento públicas e privadas, locais e internacionais? cales son as razóns para mesturalas?, preguntas ás cales se lles dará resposta coa realización deste seminario en liña.
Cada seminario web contará con varios expertos que traballan na implementación de transicións enerxéticas xustas, incluídos representantes das rexións carboníferas. Ao considerar como facer realidade unha transición enerxética xusta, a serie adopta o punto de vista das rexións carboníferas e analiza exemplos da Unión Europea, os Balcáns Occidentais e Ucrania.
Este cuarto seminario terá lugar o xoves 25 de maio de 2023 de 15:00h a 16:00h. Para asistir, deberá rexistrarse a través do seguinte enlace.