Este ano, o SDG Business Forum realizarase xunto con Uniting Business AO VIVO, do 19 ao 21 de setembro de 2022.
Esta é unha das reunións de máis alto nivel de líderes empresariais da Organización das Nacións Unidas. O SDG Business Forum ofrece unha oportunidade única para realizar un impulso fundamental cara ao logro dos Obxectivos de Desenvolvemento Sostible e aproveitar o poder do sector privado para contribuír positivamente nas prioridades da economía internacional. O foro virtual deste ano proporcionará unha plataforma para un diálogo significativo sobre o papel do sector privado na co-creación de solucións duradeiras a múltiples crises a curto prazo e á construción dun futuro máis sostible, inclusivo e resiliente, mentres se xestiona de maneira efectiva o noso impacto colectivo no medio ambiente global.
Despois do exitoso foro virtual inaugural en 2020, espérase a máis de 10 000 asistentes no Foro deste ano. O rexistro é gratuíto e todos os cidadáns poden acceder a este foro. Ademais, contarase con executivos de C-suite, profesionais do sector, líderes de todo o espectro do ecosistema da empresa, etc. Os funcionarios gobernamentais, os representantes das Nacións Unidas e as organizacións da sociedade civil interesadas na acción do sector privado tamén son benvidos a participar no programa para obter inspiración e ideas sobre a mellor maneira de colaborar coas empresas para lograr obxectivos compartidos.
Para rexistrarse