O próximo 11 de Novembro a Deputación de Valencia e a Oficina do Pacto das Alcaldías organizan conxuntamente a Cerimonia Anual do Pacto das Alcaldías para España como actividade paralela da Cerimonia do Pacto dos Alcalde en Bruxelas.
O obxectivo da Cerimonia Española do Pacto das Alcaldías é dar a coñecer e explicar os novos obxectivos de neutralidade climática para o 2050, a conexión entre o Pacto das Alcaldías e o novo Green Deal da Comisión Europea, o novo orzamento comunitario, e a proposta do Pacto das Alcaldías para incluír a pobreza enerxética nos plans municipais para o clima e a enerxía.
A Deputación de Valencia mostrase un dos exemplos máis exitosos de traballo conxunto entre municipios, deputación e goberno rexional no desenvolvemento e posta en práctica de plans municipais de acción climática. Durante a cerimonia terá lugar unha firma simbólica dos novos obxectivos do Pacto para o 2050, mediante a cal os municipios que o desexen poderán mostrar o desexo de adherirse aos novos obxectivos de neutralidade climática da Unión Europea.
Debido ás restricións pola COVID é absolutamente necesario estar rexistrado para poder ter acceso ao recinto e poder participar na actividade, fagan por favor uso do rexistro de participantes.
Máis información:https://eumayors.eu/news-and-events/events/upcoming-events/2604-spain-na...