Cerimonia de Pacto dos Alcaldes 2020

luns, 10 Febreiro, 2020 - 08:45

A Xunta de Galicia, a través da Dirección Xeral de Calidade Ambiental e Cambio Climático da Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda, comprácese en comunicar aos Concellos de Galicia que o día 4 de Marzo de 2020 terá lugar en Bruxelas a

Cerimonia do Pacto dos Alcaldes 2020

O Pacto Global dos Alcaldes para o Clima e a Enerxía é o maior movemento mundial contra o cambio climático que reúne mais de 10.000 entidades locais dos cinco continentes.

 

A Comisión Europea puxo en marcha esta iniciativa en 2008 co obxectivo de involucrar ás autoridades locais e aos cidadáns no desenvolvemento e a aplicación da política enerxética da Unión Europea. Os municipios que se adhiren o Pacto dos Alcaldes asumen os obxectivos adoptados pola Unión Europea para frear os efectos do cambio climático, comprometéndose a reducir, de aquí o 2030, un 40% as emisións de CO2, ao tempo que adoptan medidas de adaptación a aqueles efectos do cambio climático xa irreversibles. Dende 2017, hai oficinas rexionais do Pacto en América do Norte, Latino América e o Caribe, China e no sueste asiático, India e Xapón, converténdose nun Pacto Global dos Alcaldes para o Clima e a Enerxía.

 

En Galicia xa forman parte da comunidade do Pacto 177 concellos coordinados pola  Oficina Técnica do Pacto dos Alcaldes. Esta oficina foi creada pola Dirección Xeral de Calidade Ambiental e Cambio Climático da Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda da Xunta de Galicia, para apoiar aos Concellos galegos na adhesión a esta iniciativa europea.

 

O 4 de marzo celébrase en Bruxelas a Cerimonia anual do Pacto dos Alcaldes e, dende o goberno da Xunta, queremos que Galicia estea presente nesa cerimonia. De cara a organizar a delegación de Galicia os concellos deberán amosar a súa disposición a asistir á cerimonia a través do teléfono 670 506 359, ou ben na dirección de correo pactodealcaldes@xunta.gal, antes do 10 de febreiro. As prazas son moi limitadas.

 

Séguenos en @GaliciaSostible