Celébrase o festival da Nova Bauhaus Europea entre o 9 e o 12 de xuño

venres, 10 Xuño, 2022 - 00:00

O Festival da Nova Bauhaus Europea ( NEB) terá lugar do 9 ao 12 de xuño de 2022 en Bruxelas, en toda Europa e en liña.

Esta primeira edición do Festival reunirá exposicións, actuacións artísticas, conferencias, seminarios e outros encontros que combinarán un evento "en vivo" in situ e un compoñente "virtual" en liña.

A iniciativa da Nova Bauhaus Europea chámanos a todos a imaxinar e construír xuntos un futuro sostible e inclusivo que sexa belo para os nosos ollos, mentes e almas. Fermosos son os lugares, as prácticas e as experiencias que son:

  • Enriquecedores, inspirados na arte e a cultura, que responden a necesidades máis aló da funcionalidade
  • Sostibles, en harmonía coa natureza, o medio ambiente e o noso planeta
  • Inclusivos, que fomentan o diálogo entre culturas, disciplinas, xéneros e idades.

Rexístrese agora aquí para seguir o evento en directo e axudar á súa difusión.