Boas prácticas: redución de emisións de carbono en adegas galegas

martes, 6 Outubro, 2020 - 00:00

A Oficina Técnica de Pacto das Alcaldías informa que Condes de Albarei (Cambados) reduciu nun 77% as súas emisións de carbono en 2019 respecto ao ano anterior. Trátase dun exemplo de boas prácticas que poden seguir as empresas localizadas nos Concellos adheridos ao Pacto das Alcaldías nos seus obxectivos de redución do 40% de emisións de GEI de cara a 2030.

Ademais, Condes de Albarei participa en proxectos como é o  LIFE + Viñas Atlánticas, un proxecto ambiental que nace co obxectivo de demostrar a necesidade e a viabilidade da produción de viño “sostible” nos viñedos da D.O. Rías Baixas. Traballan en minimizar o uso de produtos químicos nunha zona que, debido ao clima atlántico, tépedo e húmido que temos, favorece o ataque de fungos como Mildiu, Oidium e Botrytis entre outras.

O traballo no viñedo é clave, e é onde principalmente a adega concentra os seus esforzos para conseguir unha produción que cada ano sexa máis sostible. Con este fin os viticultores reciben anualmente formación por parte de expertos para minimizar a utilización de fitosanitarios empregando diferentes tipos de técnicas e accións, sempre en perfecta coordinación co departamento de viticultura da adega.

Unha das técnicas máis innovadoras, na que Condes de Albarei foi unha das adegas pioneiras en implementala na D.O. Rías Baixas, son os  dispersores de  feromonas. Trátase dunha técnica de confusión sexual para controlar a  polilla do acio da vide. Consiste na difusión de  feromonas sintetizadas para confundir ao macho e evitar o seu axuste. Unha técnica altamente eficaz e unha alternativa natural á utilización de  insecticidas.

Ademais do traballo de campo, a adega traballa noutras accións como é a reciclaxe, un dos alicerces básicos da súa filosofía. No ano 2019, a adega Condes de  Albarei chegou a reciclar máis de 800.000 quilos de residuos.

Fonte: https://www.condesdealbarei.com/gl/

@GaliciaSostible #Compromiso