Axudas da European City Facility (EUCF) para os Concellos adheridos a Pacto dos Alcaldes

venres, 8 Maio, 2020 - 00:00

A Oficina Técnica da Xunta de Galicia para Pacto dos Alcaldes informa das axudas da European City Facility (EUCF) que poden solicitar os Concellos galegos adheridos a Pacto dos Alcaldes.

Que é a EUCF?

A European City Facility é unha iniciativa creada no marco do programa de investigación e innovación da Unión Europea, Horizonte 2020: un instrumento de asesoramento, formación e apoio financeiro a medida, áxil e simplificado (pago único de 60.000 €) que se concederá a ao redor de 200 entidades locais, para facilitarlles o desenvolvemento do que se denominaron ‘conceptos de investimento’, como primeiro paso cara ao desenvolvemento de plans sólidos de investimento en enerxía sostible.

Trátase dunha iniciativa cuxo obxectivo final é facilitar a posterior mobilización de investimentos locais en actuacións de eficiencia enerxética e enerxías renovables.

Quen pode solicitala?

A convocatoria EUCF está dirixida a todas as entidades locais e agrupacións de entidades locais dos 27 Estados membros da Unión Europea e do Reino Unido, que dispoñan de:

• O código NUTS III (Nomenclatura de unidade Territorial) ou LAU (Unidade Administrativa Local).

• Un plan de acción de Enerxía sostible aprobado politicamente (PAES, PACES, ou plans de similar alcance e ambición).

• Unha carta de apoio do seu alcalde ou outro representante político electo.

As axudas concederanse en concorrencia competitiva por zonas xeográficas.

Como se solicita?

O procedemento diferencia 2 fases:

• Verificación dos criterios de elexbilidade (verificación automática mediante respostas SI/NON) onde se lle solicitará comprobar e confirmar que cumpre cos criterios de elexibilidade establecidos;

• Presentación da solicitude completa. O formulario de solicitude comprende un conxunto de preguntas sinxelas, a través das que se explicará brevemente o proxecto para desenvolver facendo fincapé, entre outros aspectos, no volume de investimento previsto, o impacto en termos enerxéticos (aforro enerxético, xeración renovable, redución de emisións, etc.), solidez da/s administración/s  implicada/s e aliñación do plan cos obxectivos da EUCF.

Ambos os pasos realizaranse online, a través da Plataforma Online de Xestión da Iniciativa (EUCF FMP).

Que documentación se precisa?

Deberanse enviar os seguintes documentos para que a proposta sexa avaliada:

• Formulario de solicitude debidamente cumprimentado;

• Plan de acción de Enerxía sostible, como PAES, PACES ou calquera outro plan de similar alcance e ambición.

• Carta de apoio do alcalde ou outro representante político electo;

• Unha Declaración de compromiso co período de execución e seguimento.

Que financia a EUCF?

A EUCF financia o desenvolvemento de ‘conceptos de investimento’ (Plans de Investimento detallados). Cada beneficiario recibirá unha axuda de 60.000 €, para financiar o asesoramento técnico, legal e/ou financeiro que precise para o seu desenvolvemento. Esta contía tamén poderá destinarse a cubrir os custos doutro tipo de actuacións como auditorías enerxéticas, estudos de viabilidade, análise de mercado, etc.

Prazos

  • Apertura da convocatoria: 25 de maio
  • Peche da convocatoria: 2 de outubro
  • Resultados da avaliación: decembro 
  • Segunda convocatoria: primavera 2021

Máis información:

En cada país designouse un Servizo Nacional de Asistencia, un experto en enerxía sostible e financiamento, que apoiará aos municipios durante todo o proceso.

Experto Nacional designado en España: Francisco Puente  fpuente@escansa.com 

ENLACE AO WEBINAR DE LANZAMENTO DA INICIATIVA

INFORMACIÓN FACILITADA NO WEBINAR DE LANZAMENTO

@GaliciaSostible #Compromiso